DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 24 de xuño de 2024 Páx. 38264

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 20 de xuño de 2024 pola que se nomean os vogais do Consello Reitor da Axencia de Turismo de Galicia.

En desenvolvemento da autorización contida na disposición adicional cuarta da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, aprobouse o Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia de Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos (DOG núm. 193, do 9 de outubro). A citada axencia pública autonómica ten como obxectivo impulsar, coordinar e xestionar a política autonómica en materia de turismo e, en especial, a promoción e a ordenación do turismo dentro da Comunidade e a conservación e promoción dos Camiños de Santiago.

O Consello Reitor é o órgano colexiado de goberno da Axencia de Turismo de Galicia. Son vogais do Consello Reitor da Axencia de Turismo de Galicia un/unha representante de cada unha das consellerías da Xunta de Galicia designados/as pola persoa titular da consellería de entre os/as titulares dos seus órganos superiores ou de dirección.

O 14 de abril de 2024 publicouse no Diario Oficial de Galicia o Decreto 42/2024, do 14 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia. Esa estrutura desenvólvese mediante o Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das distintas consellerías da Xunta de Galicia, e o 27 de maio de 2024 publicáronse no Diario Oficial de Galicia os distintos decretos de estrutura orgánica das consellerías que teñen presenza no Consello Reitor. Como consecuencia destes cambios, é preciso publicar a nova composición do Consello Reitor.

En virtude do anterior, unha vez feitas as correspondentes propostas por cada consellería, cómpre facer o nomeamento de vogais do Consello Reitor da Axencia de Turismo de Galicia que, para xeral coñecemento, se publicará no Diario Oficial de Galicia.

O nomeamento destes/as vogais e o dos/as seus/súas suplentes corresponde á persoa titular da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, de conformidade co disposto no artigo 16 dos estatutos da Axencia de Turismo de Galicia, aprobados polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro.

Polo exposto, e feitas as correspondentes propostas, en virtude das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Primeiro. Nomear vogais do Consello Reitor da Axencia de Turismo de Galicia, deixando sen efecto os nomeamentos anteriores, as seguintes persoas:

1. En representación da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes:

– Vogal titular: Francisco Javier Abad Pardo, secretario xeral técnico.

– Vogal suplente: Vanessa Cal Ríos, vicesecretaria xeral.

2. En representación da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático:

– Vogal titular: María Sol Díaz Mouteira, directora xeral de Patrimonio Natural.

– Vogal suplente: María Carmen Bouso Montero, secretaria xeral técnica.

3. En representación da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

– Vogal titular: Manuel Vila López, secretario xeral técnico.

– Vogal suplente: Elena Barca Ramos, vicesecretaria xeral.

4. En representación da Consellería de Política Social e Igualdade:

– Vogal titular: María Quintiana Pérez, directora xeral de Promoción da Igualdade.

– Vogal suplente: Jacobo José Rey Sastre, director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.

5. En representación da Consellería de Economía e Industria:

– Vogal titular: José Ramón Pardo Cabarcos, secretario xeral técnico.

– Vogal suplente: Mª Adelaida Couto Piñón, vicesecretaria xeral.

6. En representación da Consellería de Facenda e Administración Pública:

– Vogal titular: José María Barreiro Díaz, director xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio.

– Vogal suplente: Manuel Vidal Martín, subdirector xeral de Xestión Económico-Patrimonial das Entidades Instrumentais do Sector Público Autonómico.

7. En representación da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

– Vogal titular: Yago Borrajo Sánchez, secretario xeral técnico.

– Vogal suplente: Mª Ángeles Domínguez Franjo, secretaria xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo.

8. En representación da Consellería de Sanidade:

– Vogal titular: Natalia Lobato Mosquera, secretaria xeral técnica.

– Vogal suplente: Inés Mato Naveira, subdirectora xeral de Saúde Ambiental e Seguridade Alimentaria.

9. En representación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude:

– Vogal titular: Elvira Mª Casal García, secretaria xeral técnica.

– Vogal suplente: Mª Begoña Mosteiro Blanco, vicesecretaria xeral.

10. En representación da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración:

– Vogal titular: Joaquín Macho Canales, secretario xeral técnico.

– Vogal suplente: María Sonia Romero Doniz, vicesecretaria xeral.

11. En representación da Consellería do Medio Rural:

– Vogal titular: Martín Alemparte Vidal, director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria.

– Vogal suplente: Mª Paz Rodríguez Rivera, directora xeral de Desenvolvemento Rural e da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

12. En representación da Consellería do Mar:

– Vogal titular: Marta Villaverde Acuña, directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.

– Vogal suplente: Montserrat Castro Vázquez, subdirectora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.

Segundo. Esta orde producirá efectos desde o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2024

Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes