DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 24 de xuño de 2024 Páx. 38686

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 11 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, de notificación da resolución de modificación do acordo, en relación co expediente de reestruturación parcelaria da zona de San Tomé (Cartelle-Ourense).

De conformidade co disposto no artigo 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio dun anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

No prazo de dez (10) días desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no BOE, as persoas interesadas citadas no anexo poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural (rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo) en Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñecer o texto íntegro do acto que se notifica.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ourense, 11 de xuño de 2024

José Antonio Armada Pérez
Director territorial de Ourense

ANEXO

Nº prop.

Interesada/o

Acto que se notifica

23

07498148X

Resolución 4.4.2024

87

07308712W

Resolución 4.4.2024

290

34527648W

Resolución 4.4.2024

824

76675182J

Resolución 4.4.2024

914

34591490L

Resolución 4.4.2024