DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 21 de xuño de 2024 Páx. 38187

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2024 pola que se dá publicidade dos convenios subscritos no primeiro cuadrimestre do exercicio 2024.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), establece que cada consellería ou entidade deberá publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referidos ao cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único. Facer pública a relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Promoción Económica no primeiro cuadrimestre do exercicio 2024, a cal se xunta a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2024

Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Convenio

Data

sinatura

Importe (€)

2022

2023

2024

2025

2026

Convenio entre a Axencia Galega de Innovación, o Instituto Galego de Promoción Económica e a sociedade Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A., para a realización do programa de aceleración para a internacionalización de pemes Galicia Avanza para as convocatorias 2024 e 2025

16.1.2024

132.000,00

336.000,00

132.000,00

Convenio para a habilitación dun marco de apoio ao acceso ao financiamento das pequenas e medianas empresas, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as sociedades de garantía recíproca

17.1.2024

250.000,00

270.000,00

Convenio entre o Igape, o Concello da Coruña, a Universidade da Coruña e o clúster TIC Galicia, para a comunicación e difusión do Plan estratéxico da cidade das TIC

5.3.2024

22.000,00

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Asociación de Empresarios Galegos de Madrid (Aegama), para o fomento da cooperación entre empresarios de orixe galega en Madrid e empresarios galegos de Galicia

18.3.2024

20.000,00

Convenio entre Igape, Gain, Xesgalicia e a Asociación VIRATEC Clúster Galego de Solucións Ambientais e Economía Circular, para a posta en marcha dun foco de emprendemento no eido da sustentabilidade (Business Factory Climatech-BF Climatech)

25.3.2024

280.000,00

280.000,00

280.000,00

Addenda terceira ao convenio, asinado o 22 de febreiro de 2022 entre o Instituto Galego de Promoción Económica, a Asociación de Xoves Empresarios de Ourense e o Parque Tecnolóxico de Galicia, para a posta en marcha dun polígono virtual

8.4.2024

3.850,00

33.200,00

39.000,00

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica e a Asociación de Empresarios Gallegos de Cataluña (Aega-CAT) para o fomento da cooperación entre empresarios de orixe galega en Cataluña e empresarios galegos de Galicia

8.4.2024

20.000,00

Convenio entre a Asociación para el Progreso de la Dirección (APD), a Asociación Círculo de Empresarios de Galicia (CFV), a Asociación Club de Empresarios y Ejecutivos de Galicia (Nordés) e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), para a mellora das competencias directivas

9.4.2024

143.642,69

Addenda ao convenio de adhesión e achega, asinado o 26 de xuño de 2013 entre a Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Pymaval Garantías, S.A.U.

10.4.2024

Sen achega económica