DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 21 de xuño de 2024 Páx. 38232

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 24 de maio de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se fai pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Oroso (expediente DH.A15.100356).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Augas dos Abruñaredos.

Expediente: DH.A15.100356.

Volume total anual: 1.400 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,05 l/s.

Destino: rega.

Orixe: manancial en Bruñadeiros.

Lugar: O Empalme.

Parroquia: Trasmonte.

Concello: Oroso.

Descrición do aproveitamento:

Cáptase auga dun manancial na parcela de referencia 15061A501002300000MT mediante unha arqueta duns 1,25 m de diámetro e 1,80 m de fondo, á cal accede unha gabia drenante duns 25 a 30 de longo e 1,50 de fondo por 1,00 m de ancho, e da cal parten tubaxes de 25 a 32 mm de diámetro, ata as parcelas de uso, 480, 486, 487, 491 e 534 do polígono 501.

O proxecto pode consultarse na sección «Participación pública» do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo (15704) de Santiago de Compostela (A Coruña); para facilitar esta consulta, poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro