DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 21 de xuño de 2024 Páx. 38216

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 11 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se comunica a convocatoria para o pagamento dos prezos xustos acordados polo Xurado de Expropiación de Galicia para os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS e CT A Carballeira, no concello de Pontevedra.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio comunícase a todas as persoas interesadas no pagamento dos prezos xustos polos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS e CT A Carballeira, que se realizarán na Casa da Cultura de Pontevedra, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo detállase.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Vigo, 11 de xuño de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/020-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTS e CT A Carballeira.

Concello: Pontevedra.

Predio

Referencia catastral

Lugar

Titularidade

Data

Hora

1

36900A025001700000QJ

Prado de Arriba

Descoñecido

17 de setembro de 2024

13.00

2

36900A025002620000QX

Carballeira

Descoñecido

17 de setembro de 2024

13.00