DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 21 de xuño de 2024 Páx. 38193

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2024, do tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia, titulado/a superior lingüista, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 13 de xuño de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 4 de decembro de 2023 (DOG núm. 232, do 7 de decembro; corrección de erros no DOG núm. 237, do 15 de decembro) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na categoría 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia, titulado/a superior lingüista, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base III.1.1.2 da convocatoria, superaron o segundo exercicio da fase de oposición as persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de quince (15) puntos.

Segundo. Conforme o disposto na base III.1.2.8 da convocatoria, as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que se presentaron ao segundo exercicio da fase de oposición serán publicadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

Terceiro. Consonte a citada base III.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán formular as alegacións que consideren oportunas no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Tal e como recolle a base V.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2024

Oliva Amorín López
Presidenta do tribunal