DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 21 de xuño de 2024 Páx. 38251

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Procodis Hortícola, S. Coop. Galega

ANUNCIO do acordo de transformación de cooperativa en sociedade limitada.

En cumprimento do disposto no artigo 84 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, sobre transformación de cooperativas noutras sociedades, faise público que a asemblea da entidade Procodis Hortícola, Sociedade Cooperativa Galega, que tivo lugar o 3 de novembro de 2023, acordou por unanimidade transformar a dita sociedade cooperativa nunha sociedade de responsabilidade limitada, coa nova denominación de Procodis Hortícola, Sociedade Limitada, en función do balance cerrado para tal efecto o 2 de novembro de 2023, tamén aprobado pola asemblea.

A Coruña, 6 de novembro de 2023

José Francisco Pardo Otero
Presidente do Consello