DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Venres, 21 de xuño de 2024 Páx. 38203

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2024, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de persoal licenciado sanitario de Xefatura de Servizo de Atención Primaria do Servizo de Terra de Montes.

Mediante a Resolución do 8 de marzo de 2024, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés (DOG núm. 69, do 9 de abril), convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de persoal licenciado sanitario de Xefatura de Servizo de Atención Primaria do Servizo de Terra de Montes.

En virtude das competencias atribuídas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 204, do 25 de outubro), esta xerencia

RESOLVE:

Primeiro. Declarar resolta a convocatoria e adxudicar o posto de Xefatura de Servizo de Atención Primaria que se relaciona no anexo I.

Segundo. Os/as aspirantes deberán cesar na praza que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos dous días hábiles seguintes ao do cesamento.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do/da interesado/a, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado/a nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Terceiro. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, segundo o establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 10 de xuño de 2024

José Manuel Flores Arias
Xerente da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés

ANEXO I

Adxudicación da praza

Apelidos e nome

DNI

Código

Denominación da praza

Servizo/Unidade

Barreiro Balseiros, Secundino Javier

***1228**

SF-A1-250

Xefe/a de Servizo Atención Primaria

Atención Primaria Terra de Montes