DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 20 de xuño de 2024 Páx. 38065

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 20 de maio de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Cangas (expediente DH.A36.97622).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Juan Carlos Grela Abeleira en representación da Comunidade de Usuarios de Auga de Parada.

Expediente: DH.A36.97622.

Volume total anual: 4.073,40 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 2,00 l/s.

Destino: abastecemento.

Orixe: manancial na parcela 287 do polígono 36.

Lugar: Agualevada.

Parroquia: Coiro.

Concello: Cangas.

Descrición:

A auga cáptase en arqueta ladrillo e condúcese a depósito decantador na parcela 289, polígono 36, segue a depósito 150 m3 na parcela 588, polígono 35. Do depósito distribúese ás vivendas que abastece a comunidade no lugar de Parada (Cangas).

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, núm. 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 20 de maio de 2024

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur