DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 20 de xuño de 2024 Páx. 38073

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega da Calidade Alimentaria

ANUNCIO do 10 de xuño de 2024 polo que se notifica a resolución de desistencia e arquivamento da solicitude de validación de carné fitosanitario (expediente DF093/2022 e catro máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación do acto administrativo que se relaciona no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, notifícaselle á persoa titular que se sinala no anexo deste anuncio a resolución de desistencia e arquivamento da solicitude.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada, ou o seu representante debidamente acreditado, poderá comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) del taboleiro de edictos único (TEU), nas dependencias da Área de Formación, Innovación e Investigación Agraria, Departamento de Formación, sitas no Edificio Administrativo, avenida do Camiño Francés, nº 10, baixo, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencer o prazo indicado para comparecer.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2024

Martín Alemparte Vidal
Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria

ANEXO

Procedemento

Persoas que se notifican

Data do acto que se notifica

Nº de expediente

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios (código MR 203B)

Eric Martínez Iglesias

8.11.2023

DF119/2023

María del Carmen Broullón Santos

22.9.2023

DF073/2023

Nuria Villar Moreno

22.6.2023

DF067/2022

José Luis Rodríguez Ortega

20.9.2023

DF083/2022

Carlos Peco Costas

12.11.2023

DF004/2024

María Lorenzo Varela

5.10.2023

DF109/2023