DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 20 de xuño de 2024 Páx. 38059

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2024 pola que se autoriza unha permuta de puntos de fondeo e de artefactos entre as bateas M.P.R. III e Martínez VII.

Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 8 de febreiro de 2024, María Victoria García Figueiras (***4317**), Ramón Rodríguez Muñiz (***5983**) no seu nome e no nome e representación de Mexiloeiras Romar, S.L. (B36399418), solicitaron autorización para a permuta de puntos de fondeo entre as bateas denominadas M.P.R. III e Martínez VII.

Segundo. O día 7 de maio de 2024, María Victoria García Figueiras (***4317**), Ramón Rodríguez Muñiz (***5983**) no seu nome e no nome e representación de Mexiloeiras Romar, S.L. (B36399418), solicitaron senllas autorizacións para cambios de sistema, por permuta de artefactos, nas bateas denominadas M.P.R. III e Martínez VII, co obxecto de permutar simultaneamente artefactos e puntos de fondeo sen que haxa traslado de artefactos.

Terceiro. O 24 de maio de 2024, a directora territorial do Departamento Territorial de Vigo acordou, de oficio, a acumulación dos expedientes mencionados.

Cuarto. As persoas interesadas achegaron a documentación requirida para a tramitación neste tipo de procedementos.

Quinto. Nos expedientes constan os informes técnicos favorables das bateas.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver os expedientes, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG número 41, do 1 de marzo).

Segunda. Os expedientes seguiron todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 18 de abril de 2001 pola que se regula o procedemento que rexerá a permuta de puntos de fondeo e os cambios de sistema, localización e cultivo nos viveiros de cultivos mariños (DOG número 83, do 30 de abril).

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Autorizar a Ramón Rodríguez Muñiz (***5983**), María Victoria García Figueiras (***4317**) e Mexiloeiras Romar, S.L. (B36399418) a permuta de puntos de fondeo e de artefactos dos seguintes viveiros:

Subtipo: batea.

Nome: M.P.R. III.

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización:

Cuadrícula número: 24.

Polígono: A.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Titular: Mexiloeiras Romar, S.L. (B36399418).

Medidas:

Plataforma: 27,00 m×20,00 m.

Flotadores: 6 de 4,00 m×1,95 m.

Subtipo: batea.

Nome: Martínez VII.

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización:

Cuadrícula número: 19.

Polígono: B.

Distrito: Portonovo (Pontevedra).

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Titulares: Ramón Rodríguez Muñiz (***5983**) e María Victoria García Figueiras (***4317**).

Medidas:

Plataforma: 27,00 m×19,00 m.

Flotadores: 6 de 4,00 m×2,00 m.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Como consecuencia das permutas, as localizacións dos títulos habilitantes quedan como se indica:

Subtipo: batea.

Nome: M.P.R. III.

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización:

Cuadrícula número: 19.

Polígono: B.

Distrito: Portonovo (Pontevedra).

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Titular: Mexiloeiras Romar, S.L. (B36399418).

Medidas:

Plataforma: 27,00 m×19,00 m.

Flotadores: 6 de 4,00 m×2,00 m.

Subtipo: batea.

Nome: Martínez VII.

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Localización:

Cuadrícula número: 24.

Polígono: A.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Titulares: Ramón Rodríguez Muñiz (***5983**) e María Victoria García Figueiras (***4317**).

Medidas:

Plataforma: 27,00 m×20,00 m.

Flotadores: 6 de 4,00 m×1,95 m.

Segunda. As placas identificadoras das bateas adaptaranse ao establecido nesta resolución.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun (1) mes, ante o conselleiro do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous (2) meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE número 167, do 14 de xullo).

Vigo, 29 de maio de 2024

O conselleiro do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
Sonia Lorenzo Santos
Directora territorial de Vigo