DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 20 de xuño de 2024 Páx. 38019

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomean novos membros do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso, na condición de persoal fixo, en diversas clases de persoal funcionario sanitario da escala de saúde pública e administración sanitaria (Lei 17/1989, do 23 de outubro).

Mediante a resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 12 de abril de 2023 (DOG núm. 74, do 18 de abril), nomeouse o tribunal cualificador para o ingreso, entre outras, nas clases de inspector/a médico/a e licenciado/a en psicoloxía.

Na base sétima da Resolución do 24 de novembro de 2021, de convocatoria do proceso, disponse que a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se nomeen os novos membros que teñan que substituír os que perderon a súa condición por algunha das causas previstas.

De conformidade coa mencionada base e por circunstancias sobrevidas, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

ACORDA:

Nomear, con efectos desde a data da presente resolución, novos membros, na condición de secretario/a titular do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso nas clases de inspector/a médico/a e licenciado/a en psicoloxía, convocado pola Resolución do 24 de novembro de 2021 (DOG núm. 235, do 9 de decembro), nos termos que a seguir se indican:

– Tribunal da clase de inspector/a médico/a.

Secretario/a titular: Daniel Potel Villar, funcionario do corpo superior de administración da Xunta de Galicia, en substitución de Mª Paz Andrade Suárez, funcionaria do corpo superior de administración da Xunta de Galicia.

– Tribunal da clase de licenciado/a en psicoloxía.

Secretario/a titular: Laura Recacho Rivas, persoal estatutario, grupo técnico da función administrativa, en substitución de Mª Paz Andrade Suárez, funcionaria do corpo superior de administración da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela 13 de xuño de 2024

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos