DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 20 de xuño de 2024 Páx. 38080

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 4 de xuño de 2024 polo que se notifica o prazo de alegacións no procedemento de acceso á información pública do Plan estruturante de ordenación do solo empresarial do parque empresarial de Coristanco (A Coruña).

De conformidade co establecido no artigo 38 da Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia, someteuse a información pública o Plan estruturante de ordenación do solo empresarial do parque empresarial de Coristanco (A Coruña), mediante o Anuncio do 1 de decembro de 2023 (DOG núm. 237, do 15 de decembro, e BOP núm. 234, do 11 decembro).

De acordo co establecido polo artigo 27 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 19 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dado que o acceso á información solicitada pode afectar dereitos ou intereses de terceiros, concederáselles un prazo de 15 días hábiles para que poidan realizar as alegacións que consideren oportunas, e producirase a suspensión do prazo para resolver ata que se reciban as alegacións ou transcorra o prazo concedido para a súa presentación.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do prazo de alegacións ás persoas titulares das parcelas relacionadas no anexo, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles o devandito trámite por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado. O prazo previsto para a súa presentación contarase desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2024

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Referencia catastral

Persoa/s ás cales se notificará

15029A03700134

Angeriz, Hermitas

15029A03700075

Fariña Gundín, Jesusa

15029A03700136

Fariña Gundín, Jesusa

15029A03700138

Fariña Gundín, Jesusa

15029A03700169

Fariña Gundín, Jesusa

15029A03700145

Gundín Suárez, Manuel

15029A03700076

Herdeiros de Taibo Trigo, Josefa

15029A03700088

Herdeiros de Trigo Tasende, Carmen

15029A03700078

Taibo Trigo, José Antonio

15029A03700153

Taibo Trigo, José Antonio

15029A03700158

Taibo Trigo, José Antonio

15029A03700065

Varela Cambeiro, Antonio Fernando

15029A03700073

Varela Cambeiro, Antonio Fernando

15029A03700065

Varela Vázquez, Juan Carlos

15029A03700073

Varela Vázquez, Juan Carlos

15029A03700065

Varela Vázquez, Manuel Jesús

15029A03700073

Varela Vázquez, Manuel Jesús

15029A03709007

Descoñecido/a

15029A03709008

Descoñecido/a

15029A03709010

Descoñecido/a

15029A03700178

Descoñecido/a

15029A03709006

Descoñecido/a