DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 20 de xuño de 2024 Páx. 38085

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 4 de xuño de 2024 polo que se notifica o prazo de alegacións no procedemento de acceso a información pública do Plan estruturante de ordenación do solo empresarial do polígono industrial de Bértoa, fase II, sectores A e B (Carballo).

De conformidade co establecido no artigo 38 da Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia, foi sometido a información pública o Plan estruturante de ordenación do solo empresarial do polígono industrial de Bértoa, fase II, sectores A e B (Carballo), mediante o Anuncio do 17 de novembro de 2023 (DOG núm. 228, do 30 de novembro, e BOP núm. 224, do 23 de novembro).

De acordo co establecido polo artigo 27 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 19 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dado que o acceso á información solicitada pode afectar dereitos ou intereses de terceiros, concederáselles un prazo de 15 días hábiles para que poidan realizar as alegacións que consideren oportunas, e producirase a suspensión do prazo para resolver ata que se reciban as alegacións ou transcorra o prazo concedido para a súa presentación.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do prazo de alegacións ás persoas titulares das parcelas relacionadas no anexo, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles o devandito trámite por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado. O prazo previsto para a súa presentación contarase desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2024

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Referencia catastral

Persoa/s que se notifican

15019A02300012

Cancela García, Jesús

15019A23800073

Facal Veiga, Ezequiel

15019A02300013

Herdeiros de Cancela García, José

15019A23800089

Herdeiros de González Rodríguez, Rogelio

15019A23900010

Herdeiros de Lista Regueira, Antonio

15019A23800101

Lista Mato, Manuel

15019A23800039

Pombo Martínez, Jesús Alberto

15019A23900002

Pombo Osinde, Lucinda

15019A23800111

Porteiro Ferreiro, José

15019A23800106

Rodríguez España, José Manuel

15019A23700183

Rodríguez Pallas, José

15019A23600117

Comunal dos Veciños de Bertoa

15019A23600107

Facal Pérez, María

15019A23600119

Herdeiros de García Pereira, Manuel

15019A23600145

Herdeiros de García Pereira, Manuel

15019A23600130

Herdeiros de Varela Fieira, Manuel

15019A23800065

Descoñecido

15019A23800050

Descoñecido

15019A23800114

Descoñecido

15019A23800096

Descoñecido

15019A23800034

Descoñecido

15019A23700141

Descoñecido

15019A23700142

Descoñecido

15019A23800092

Descoñecido

15019A23800094

Descoñecido

15019A23800122

Descoñecido

15019A23700156

Descoñecido

15019A23700182

Descoñecido

15019A23800171

Descoñecido

15019A23800097

Descoñecido

15019A23600118

Descoñecido

15019A23600122

Descoñecido