DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 19 de xuño de 2024 Páx. 37792

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballedo

ANUNCIO de convocatoria para prover unha praza de educador/a familiar.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 109, do 11 de maio de 2024, publicáronse integramente as bases que han de rexer a convocatoria para prover:

Unha praza de educador/a familiar, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, mediante o sistema de concurso, en quenda libre.

Así mesmo, as bases que regulan o proceso selectivo publicáronse integramente no taboleiro de edictos da Corporación, así como na páxina web municipal do Concello de Carballedo.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de edictos do Concello de Carballedo.

Carballedo, 28 de maio de 2024

Julio Yebra-Pimentel Blanco
Alcalde