DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 19 de xuño de 2024 Páx. 37681

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 6 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, polo que se someten a información pública as solicitudes de exclusión do réxime de comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro de instalacións de pequeno tamaño para o período 2026-2030.

De conformidade co establecido na disposición adicional cuarta da Lei 1/2005, do 9 de marzo, pola que se regula o réxime de comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro e no artigo 5 do Real decreto 203/2024, do 27 de febreiro, polo que se desenvolven aspectos relativos á asignación gratuíta de dereitos de emisión para os anos 2026-2030 e outros aspectos relacionados co réxime de exclusión de instalacións a partir de 2026, sométese a información pública a documentación correspondente ás solicitudes de exclusión do réxime de comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro das instalacións de pequeno tamaño para o período 2026-2030 que se relacionan no anexo deste anuncio.

A documentación poderá consultarse:

– No Portal de transparencia da Xunta de Galicia (https://transparencia.xunta.gal/procedementos-de-informacion-publica).

– No portal web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (https://cmatv.xunta.gal >> Medio ambiente e sostibilidade >> Clima e meteoroloxía >> Máis >> Documentos en información pública).

Durante o prazo de tres (3) meses, contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), poderanse formular as alegacións, suxestións e/ou observacións que consideren oportunas dirixidas á Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2024

Paula Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático

ANEXO

Listaxe de solicitudes de exclusión do réxime de comercio de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro de instalacións de pequeno tamaño para o período 2026-2030 recibidas:

Nome da instalación

Localidade

Papelera de Brandía, S.A.

Santiago de Compostela

Cerámicas del Miño Carmen Ubeira y Cía, S.L.

Salvaterra de Miño

Refractarios Campo, S.L.

Sanxenxo

Epifanio Campo, S.L., Fábrica de Mesía

Mesía

Epifanio Campo, S.L., A Laracha

A Laracha

Cerámica La Manchica, S.L.

A Merca

Sarval Bio-Industries, S.L.U.

Arteixo

Industrias Lácteas de Nadela, S.L.U.

Lugo

Tejas Verea, S.A.U.

Mesía

Planta de Producción de Biodiésel de Masol Iberia Biofuel, S.L.U.

Ferrol