DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 19 de xuño de 2024 Páx. 37566

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 1 de abril de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, ao abeiro de programas de interese xeral con fins de carácter sociosanitario e cofinanciados pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, para realizar programas de saúde pública, no campo da promoción da saúde da poboación xitana, por entidades privadas sen ánimo de lucro que desenvolven o seu labor na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para os anos 2024 a 2027 (código de procedemento SA462E).

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17, punto 1.b), da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, programa e crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

En consecuencia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas con cargo á Orde do 1 de abril de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva, ao abeiro de programas de interese xeral con fins de carácter sociosanitario e cofinanciados pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, para realizar programas de saúde pública, no campo da promoción da saúde da poboación xitana, por entidades privadas sen ánimo de lucro que desenvolven o seu labor na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para os anos 2024 a 2027 (código de procedemento SA462E).

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2024

Carmen Durán Parrondo
Directora xeral de Saúde Pública

ANEXO

1. Finalidade: axudas para desenvolvemento de proxectos para mellorar o estado de saúde da comunidade xitana galega, reducir as desigualdades existentes, potenciar a participación comunitaria na promoción da súa saúde e promover o traballo en rede e o desenvolvemento de estilos de vida saudables na comunidade xitana mediante a promoción da alimentación equilibrada, a actividade física, a prevención de accidentes, e a redución do consumo de tabaco, alcol e outras substancias prexudiciais para a saúde.

2. Financiamento: aplicación orzamentaria 4202.413A.481.3 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia. Estas axudas están cofinanciadas nun 60 % pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, no obxectivo político 4: Unha Europa máis social e inclusiva, por medio da aplicación do piar europeo de dereitos sociais; Prioridade 2: Inclusión social e loita contra a pobreza; obxectivo específico ESO4.10: Promover a integración socioeconómica das comunidades marxinadas, como os xitanos e medida 2.J.02: Mediación na promoción da saúde na comunidade xitana.

3. Beneficiario e axuda concedida:

NIF

Solicitante

2024

2025

2026

2027

Total

G83117374

Fundación Secretariado Gitano

169.167,00

338.197,65

338.197,65

168.399,35

1.013.961,65