En cumprimento do previsto nos artigos 109 e 163 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Ricardo Figueiro Touceda.
Expediente: DH.A36.100890.
Volume total anual: 328,50 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,1 l/s.
Destino: abastecemento.
Orixe: manancial na parcela 9004, polígono 303 do Catastro de Barro.
Lugar: A Maquieira.
Parroquia: Barro.
Concello: Barro.
Descrición: o manancial cáptase en arqueta de formigón soterrada baixo beirarrúa ao NO da parcela 200, polígono 303, e condúcese á parcela 10202, polígono 303, para abastecemento da vivenda existente.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, núm. 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 24 de maio de 2024
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur