DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 18 de xuño de 2024 Páx. 37468

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 5 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifican unha serie de resolucións de recursos de alzada contra o acordo de concentración parcelaria de Dodro-Laíño II (Dodro-A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2024

Mª Paz Rodríguez Rivera
Directora xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Interesados

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

Recurso

76489009W

Resolución recurso

Dodro-Laíño II (Dodro-A Coruña)

15

44811895Y

Resolución recurso

Dodro- Laíño II (Dodro-A Coruña)

19