DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 17 de xuño de 2024 Páx. 36863

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Casco Vello de Vigo

ANUNCIO do concurso de alugueiro de local comercial na rúa Real 13 baixo, Vigo.

1. Entidade adxudicadora:

Consorcio Casco Vello de Vigo.

2. Obxecto do concurso:

Descrición: o concurso a que se refire o presente anuncio ten por obxecto o alugueiro do local comercial que se indica a seguir:

• Local comercial situado no edificio sito na nivel 0 da rúa Real, nº 13, Vigo, dunha superficie útil de 46,40 m2, co uso exclusivo do patio situado no seu fondo, ao que ten acceso cunha superficie de ..... m2.

• Cota: correspóndelle unha cota de participación en gastos do dezaseis por cento (16 %).

• Referencia catastral: 2665212NG2726N1001WY.

3. Tramitación e procedemento:

O local adxudicarase en alugueiro, mediante concurso con base nos criterios establecidos na cláusula 9.3 do prego de cláusulas administrativa particulares (acordo do 30 de maio de 2024).

4. Prezo e garantías:

Os prezos e garantías están determinados no anexo II e na cláusula 15.7, respectivamente, do prego de cláusulas administrativas particulares e, se é o caso, na cláusula 8.1.4.a).

5. Obtención de documentación e información:

Páxina web: www.consorciocascovellovigo.org; enderezo: Consorcio Casco Vello de Vigo, rúa Ferrería, 45, baixo, 36202 Vigo. Teléfono 986 44 26 38. E-mail: info@consorciocascovellovigo.org

Poderase obter documentación e información ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

6. Requisitos:

Están determinados nas cláusulas 4 e 8.1.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas:

As ofertas, xunto coa documentación preceptiva, presentaranse a través da plataforma de licitación electrónica Silex, da Consellería de Facenda e Administración Pública (https://silex.conselleriadefacenda.es/), dentro do prazo de 30 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Silex.

8. Apertura das proposicións:

Entidade, lugar e enderezo: Consorcio Casco Vello de Vigo, Ferrería, 45, baixo.

Data: a apertura das ofertas terá lugar segundo se establece na cláusula 9.2 do prego de cláusulas administrativas que rexen no concurso.

9. Composición da mesa de contratación:

Segundo quedou detallado no anexo VII do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen no concurso.

Vigo, 3 de xuño de 2024

Alfonso Ramos Covelo
Xerente do Consorcio Casco Vello de Vigo