Mediante a Orde do 14 de marzo de 2023, da Consellería do Medio Rural, nomeouse a Juan Manuel Casares Gándara e a Concepción Iglesias Pousa presidente e vicepresidenta, respectivamente, do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro.
O pasado día 6 de maio, Juan Manuel Casares Gándara presentou ante o pleno do dito consello regulador a renuncia ao seu cargo e desencadeouse así o procedemento para a súa substitución, que se recolle no Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores.
Na reunión do pleno do Consello Regulador, que tivo lugar o día 3 de xuño de 2024, acordouse elixir a Concepción Iglesias Pousa presidenta deste organismo. Ao quedar así vacante a vicepresidencia, nese mesmo pleno acordouse elixir a Carlos Basalo Vidal, vogal do Consello Regulador, para ocupar a vicepresidencia.
Por todo isto, de acordo co establecido no Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro,
DISPOÑO:
Artigo único. Nomeamento da presidenta e do vicepresidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro
1. Noméase a Concepción Iglesias Pousa presidenta do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro.
2. Noméase a Carlos Basalo Vidal vicepresidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro.
Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2024
María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural