DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 14 de xuño de 2024 Páx. 36268

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 24 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de San Cibrao das Viñas (expediente IN407A 2024/061-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: regulamentación LMTA DC SCV803-SCV819 no treito entre AP.núm. D5 e núm. D11.

Situación: lugar da Ponte Noalla, concello de San Cibrao das Viñas.

Características principais recollidas no proxecto:

• Instalación na LMTA DC SCV803-SCV819, no van comprendido entre os apoios núm. D6 e núm. D7, dun novo apoio núm. D6/1 de celosía metálica, do tipo C-16/1000. Retensado dos condutores existentes sobre o apoio proxectado.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro industrial David Núñez Fernández, colexiado núm. 1.534 do ICOIIG, o 13.5.2024.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Os planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Toda a documentación poderase examinar nesta dirección territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense, rúa Curros Enríquez, núm. 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 24 de maio de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Núm. de expediente: IN407A 2024/061-3.

Situación: lugar da Ponte Noalla, concello de San Cibrao das Viñas.

Denominación: regulamentación LMTA DC SCV803-SCV819 no treito entre AP NÚM. D5 e núm. D11.

Predio núm. en proxecto: 1; referencia catastral: 32076A010000640000UD.

Lugar: matogueira.

Cultivo: monte baixo.

Titular: Gerardo Mosquera Trigo.

Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. D6/1.