DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 14 de xuño de 2024 Páx. 36298

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 4 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se comunica o traslado da folla de valoración dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto Soterramento LMT DC BAL705, CS e substitución CT Monte da Serra, realizada pola empresa beneficiara da expropiación.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, ignórese o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio notifícase que a empresa beneficiaria da expropiación trasladou as follas de valoración dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Soterramento LMT DC BAL705, CS e substitución CT Monte da Serra, que figuran no cadro anexo.

A persoa interesada poderá presentar no prazo de 10 días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, escrito en que acepten ou rexeiten a folla de valoración da empresa beneficiaria, no segundo caso, terá dereito a facer as alegacións que considere oportunas, empregando os métodos de valoración que xulgue máis convenientes para xustificar a súa valoración e así mesmo achegar as probas que considere oportunas para xustificar as alegacións.

Vigo, 4 de xuño de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2023/090-4.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: soterramento LMT DC BAL705, CS e substitución CT Monte da Serra.

Concello: Vigo.

Predio

Refª catastral

Lugar

Titular

3

54057A096002840000AL

Monte da Serra

Descoñecido