DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 14 de xuño de 2024 Páx. 36265

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 3 de xuño de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente en materia de residuos CO-RES-2024-005 e seis máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia segundo o disposto no artigo 46.

Os actos foron adoptados pola directora territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Dirección Territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 3 de xuño de 2024

Cristina Carrión Rodríguez
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

Acto adoptado pola

CO-RES-2024-005

33340752K

Acordo de inicio

Directora territorial

CO-RES-2024-020

Y3080933M

Acordo de inicio

Directora territorial

CO-RES-2023-023

33335894Q

Acordo de inicio

Directora territorial

CO-RES-2024-027

Y8810949P

Acordo de inicio

Directora territorial

CO-RES-2024-029

47379769E

Acordo de inicio

Directora territorial

CO-RES-2024-031

Y1833262S

Acordo de inicio

Directora territorial

CO-RES-2024-033

Y2035281W

Acordo de inicio

Directora territorial