DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 14 de xuño de 2024 Páx. 36600

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade de Usuarios de Augas Os Tornos

ANUNCIO da 2ª convocatoria da asemblea xeral para a aprobación dos estatutos.

José Carlos Filgueira Solla, veciño do lugar de Almofrei, parroquia de Almofrei, concello de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra), actuando como representante da Comunidade de Usuarios de Augas Os Tornos, mediante este anuncio convoco á asemblea xeral a todos os usuarios de augas, asemblea que se terá lugar o día 4 de xullo de 2024, ás 20.00 horas en primeira convocatoria e ás 20.30 horas en segunda convocatoria, na antiga casa da Escola de Almofrei, coa seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.

2. Aprobación, se procede, das ordenanzas e regulamentos polos cales se rexerá a Comunidade.

3. Rogos e preguntas.

Almofrei, Cerdedo-Cotobade, 24 de maio de 2024

José Carlos Filgueira Solla
Presidente da Comunidade de Augas Os Tornos