DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 14 de xuño de 2024 Páx. 36182

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de intérpretes de lingua de signos do persoal laboral, categoría 104 do grupo III da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro); pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Este tribunal nomeado pola Resolución do 21 de decembro de 2023 (DOG núm. 1, do 2 de xaneiro) para cualificar o proceso selectivo, unha vez revisadas as alegacións presentadas contra a Resolución do 10 de abril de 2024, pola que se deu publicidade, entre outros acordos, ás puntuacións obtidas polas persoas aspirantes ao exercicio único obrigatorio do proceso selectivo, así como á relación das que non acadaron a puntuación mínima establecida na base III.1.1. da Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro); en sesión do 15 de maio de 2024,

ACORDOU:

Primeiro. Desestimar as alegacións presentadas na súa totalidade.

Segundo. Publicar a presente resolución no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal e no Diario Oficial de Galicia.

Contra o presente acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2024

Xulio Loureiro González
Presidente do tribunal