DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Venres, 14 de xuño de 2024 Páx. 36301

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio, pola que se acorda a incoación do procedemento para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Teresa Blas Verísimo.

Teresa Blas Verísimo, con DNI 34607253G, nada en Xunqueira de Espadanedo (Ourense) o 28 de maio de 1918, faleceu o 10 abril de 2005 en Barbadás (Ourense), con derradeiro domicilio, segundo o padrón municipal de habitantes do Concello de Ourense, na rúa das Laxas desa cidade, datos que figuran comprobados xunto co da súa veciñanza civil galega, no informe preliminar do 29 de maio de 2024 do Servizo de Protección e Defensa Patrimonial da Subdirección Xeral do Patrimonio. O devandito informe foi emitido logo da realización das actuacións previas precisas que levan a considerar procedente a apertura do procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato da sinalada persoa causante, pola presunta ausencia doutros herdeiros con dereito a suceder preferente ao da Administración autonómica, de conformidade co disposto na Lei 2/2006 de dereito civil de Galicia.

Segundo o anterior, en exercicio das competencias atribuídas á Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio no artigo 4 da Lei 6/2023, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e no seu título III, así como nos artigos 14 e 16 do Decreto 141/2024, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda e Administración Pública,

RESOLVO:

1º. Incoar procedemento para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Teresa Blas Verísimo.

2º. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, Área Temática de Patrimonio, Anuncios, que se poderá consultar na seguinte ligazón: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios

3º. Remitir copia da presente resolución aos concellos de Xunqueira de Espadanedo, Ourense e Barbadás, así como a calquera outro no que durante a instrución deste procedemento se detecten bens da persoa causante, para a súa exposición pública no seu taboleiro de anuncios, por prazo non inferior a trinta días naturais.

O prazo máximo ordinario para resolver este procedemento é dun ano contado desde a data de adopción da presente resolución.

Con anterioridade á resolución do procedemento, calquera persoa interesada poderá presentar alegacións ou achegar os documentos e outros elementos de xuízo que considere oportunos, que se dirixirán á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio, Subdirección Xeral do Patrimonio, código expediente ABI/2018/0007, rúa Pastoriza, núm. 8, 15781 Santiago de Compostela.

Conforme o previsto no artigo 112.1, parágrafo segundo, da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, contra esta resolución non se poderá interpor recurso administrativo, sen prexuízo de que as alegacións de oposición que se presenten a este acto de trámite, sexan obxecto de consideración, se procede, na resolución que poña fin ao procedemento.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2024

José María Barreiro Díaz
Director xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio