DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 13 de xuño de 2024 Páx. 35998

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 14 de maio de 2024 de emprazamento para o trámite de audiencia do recurso de reposición interposto no expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/19/2020-RP1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, publícase a notificación do emprazamento para o trámite de audiencia ás persoas herdeiras da interesada con DNI 34390985M e ao interesado con DNI 34959309E, no recurso de reposición interposto no expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/19/2020-RP1, en relación coas obras realizadas nunha gasolineira, no termo municipal de Ourense, provincia de Ourense.

O expediente relacionado está á disposición dos interesados na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, situada na rúa Os Camiños da Vida, s/n, Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para alegaren o que consideren pertinente.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2024

Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística