DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 13 de xuño de 2024 Páx. 36000

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 30 de maio de 2024 polo que se notifica o prego de cargos do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade COL/17/2023-RP1.

A instrutora do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade en materia de costas formulou o prego de cargos no expediente COL/17/2023-RP1, previsto no Real decreto 876/2014, do 10 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral de costas.

Ao non poder realizarse a notificación do prego de cargos á interesada con documento nacional de identidade 47365951G, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada o devandito prego de cargos mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro do prego de cargos que se lle notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da notificación deste anuncio, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere convenientes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2024

María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística