DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 13 de xuño de 2024 Páx. 35974

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 22 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, polo que se notifica a varios interesados a declaración de utilidade pública, en concreto, da modificación por soterramento en tramo final da LAT 132 kV O Irixo-Lalín (expediente IN407A 2007/169-3 AT).

O 17.4.2024, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (actualmente, Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas) ditou resolución pola que se ordenou a publicación, no Diario Oficial de Galicia (DOG), do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 15 de abril de 2024, polo que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción, se declara a utilidade pública, en concreto, da infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica correspondente á modificación por soterramento en tramo final da LAT 132 kV O Irixo-Lalín, e se aproba definitivamente a modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal desta LAT, que discorre polos concellos do Irixo (Ourense) e Dozón e Lalín (Pontevedra), e promove UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2007/169-3 AT).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo deste anuncio, para seren notificadas por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma, logo dos intentos efectuados.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, en Santiago de Compostela, entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2024

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Minas

ANEXO

Acordo: declaración de utilidade pública, en concreto, da modificación por soterramento en tramo final da LAT 132 kV O Irixo-Lalín (expediente IN407A 2007/169-3 AT)

Propietario/a

Datos do predio afectado

Número

Polígono

Parcela

Referencia catastral

Concello

Áurea Crespo Cibeira

603

354

2.528

36016A35402528

Dozón

Áurea Crespo Cibeira

604

354

956

36016A35400956

Dozón

Áurea Crespo Cibeira

606

354

954

36016A35400954

Dozón

María Remedios Varela Vence

612

354

2.378

36016A35402378

Dozón

María Remedios Varela Vence

615

53

61

36016A05300061

Dozón

María Remedios Varela Vence

923

354

2.375

36016A35402375

Dozón

Hros. de María López Fernández

928

53

29

36016A05300029

Dozón

Hros. de María López Fernández

930

53

31

36016A05300031

Dozón

José Iglesias Fernández

953

95

531

36024A09500531

Lalín

Pilar Iglesias Fernández

953

95

531

36024A09500531

Lalín

Carmen Iglesias Fernández

953

95

531

36024A09500531

Lalín

José Iglesias Fernández

955

95

142

36024A09500142

Lalín

Pilar Iglesias Fernández

955

95

142

36024A09500142

Lalín

Carmen Iglesias Fernández

955

95

142

36024A09500142

Lalín

María Paz Vázquez Surribas

958

95

237

36024A09500237

Lalín

José Vázquez Surribas

958

95

237

36024A09500237

Lalín

María del Carmen Vázquez Surribas

958

95

237

36024A09500237

Lalín

Jesús Vázquez Surribas

958

95

237

36024A09500237

Lalín

Hros. de Felisindo Vázquez Surribas

958

95

237

36024A09500237

Lalín

Celia Vázquez Surribas

958

95

237

36024A09500237

Lalín