DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 13 de xuño de 2024 Páx. 35966

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 23 de maio de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no expediente BS611A 2024/7970-1 e un máis.

De conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de tentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse, para proceder á notificación dos actos administrativos de citación, as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo.

Para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican as ditas persoas interesadas, por si mesmas ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Dirección Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselles que, de non atender o establecido no acto de citación unha vez efectuda a súa notificación por comparecencia ou tras o seu vencemento, de acordo co disposto no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar coa tramitación producirase a caducidade do procedemento pola paralización imputable ás persoas interesadas e acordarase o arquivamento das actuacións logo da resolución que será notificada ás ditas persoas interesadas.

A Coruña, 23 de maio de 2024

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS611A Expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

2024/7970-1

X3392082L

Citación para o recoñecemento

9.5.2024

2023/1046-1

33244856N

Citación para o recoñecemento

7.5.2024