DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 13 de xuño de 2024 Páx. 35964

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 31 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador CON-LU-0060/2023-V.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto obxecto de notificación foi adoptado por quen se indica no anexo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, na sede da Dirección Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, sita na rolda da Muralla, nº 70, 2º andar (Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 31 de maio de 2024

Jesús Montouto González
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto de notificación

Acto adoptado

CON-LU-0060/2023-V

X9085202H

Proposta de resolución

Pola instrutora