DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Xoves, 13 de xuño de 2024 Páx. 35928

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ORDE do 4 de xuño de 2024 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e nos artigos 5 a 8 e 25 a 28 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de traballo que se detallan no anexo I desta orde.

Segundo. Poderá concorrer a ela o persoal funcionario de carreira que reúna as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I desta orde.

Terceiro. Todos os trámites relacionados con este procedemento efectuaranse a través de medios electrónicos. As solicitudes dirixiranse á Consellería de Facenda e Administración Pública e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos no prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, conforme o modelo que se inclúe como anexo II. Para achegar a dita solicitude, na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal está dispoñible o formulario normalizado correspondente ao procedemento administrativo PR004A, e poderase empregar para a presentación electrónica calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Cuarto. As persoas aspirantes deberán achegar coa petición un currículo e xustificar, mediante certificación ou copia electrónica auténtica dos documentos acreditativos, os méritos que aleguen.

Conforme o previsto na Resolución do 5 de decembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para regular o contido, uso e acceso ao expediente persoal electrónico do persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das súas entidades públicas instrumentais (DOG núm. 237, do 15 de decembro) e, concretamente, na súa instrución cuarta.2, referida ao emprego dos datos do expediente persoal electrónico na tramitación dos procesos de provisión de postos de traballo, cando as persoas aspirantes sexan ou teñan sido no pasado persoal empregado público coa condición de persoal funcionario ou laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia enunciadas na letra a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, estas poderán indicar neste proceso de provisión que a información relativa ao seu currículo e méritos é a que figura como validada no seu expediente persoal electrónico, accesible na Canle do emprego público de Galicia (Fides), para o que deberán achegar coa solicitude de participación o informe dos méritos validados no expediente electrónico, dispoñible no enderezo https://fides.xunta.gal

Os méritos alegados e non probados ou validados segundo se indica non se terán en conta

Quinto. No caso de resultar seleccionado para ocupar o posto de traballo persoal funcionario doutras administracións públicas requirirase o informe favorable do órgano competente da súa administración de orixe, de conformidade co previsto no artigo 29 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto.

Sexto. Esta convocatoria resolverase pola Consellería de Facenda e Administración Pública. A convocatoria resolverase no prazo máximo de dous meses contados desde a data da súa publicación. No caso de non resolverse no dito prazo, declararase a caducidade do procedemento. A resolución da convocatoria, coa adxudicación do posto a calquera das persoas funcionarias de carreira solicitantes que reúnan os requisitos exixidos para o seu desempeño, ou a súa declaración como deserta, por considerar que ningunha das persoas candidatas reúne as características adecuadas para o posto de traballo ou non reúne a idoneidade necesaria para o seu desempeño, ou se non se presentase ningunha solicitude, farase pública no Diario Oficial de Galicia.

Sétimo. O prazo para tomar posesión do novo destino será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso o servizo activo, o prazo será dun mes.

O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá producir dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma para o caso de persoal doutras administracións públicas. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, conforme a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 15.12.2021, DOG do 24)
David Cabañó Fernández
Secretario xeral técnico e do Tesouro

ANEXO I

Denominación: Servizo de Elaboración e Rendición de Contas.

Código do posto: FC.C03.00.002.15770.025.

Nivel: 28.

Complemento específico: 18.745,72 euros.

Subgrupo: A1/A2.

Corpo ou escala: XSF2 (xeral, escala superior de finanzas, especialidade intervención) / XMF2 (xeral, escala técnica de finanzas, especialidade contabilidade e intervención).

Tipo de adscrición: (AXG) adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia.

Centro directivo ou dependencia: Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación: Servizo de Informes e Análises de Contas e Financeiros.

Código do posto: FC.C03.00.002.15770.035.

Nivel: 28.

Complemento específico: 18.745,72 euros.

Subgrupo: A1/A2.

Corpo ou escala: XSF2 (xeral, escala superior de finanzas, especialidade intervención) / XMF2 (xeral, escala técnica de finanzas, especialidade contabilidade e intervención).

Tipo de adscrición: (AXG) adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia

Centro directivo ou dependencia: Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación: Servizo do Equipo de Auditoría do Sector Público.

Código do posto: FC.C03.00.003.15770.014.

Nivel: 28.

Complemento específico: 18.745,72 euros.

Subgrupo: A1/A2.

Corpo ou escala: XSF2 (xeral, escala superior de finanzas, especialidade intervención) / XMF2 (xeral, escala técnica de finanzas, especialidade contabilidade e intervención).

Tipo de adscrición: (AXG) adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia.

Centro directivo ou dependencia: Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación: Servizo do Equipo de Control e Coordinación do Control Financeiro da Atriga.

Código do posto: FC.C03.00.003.15770.016.

Nivel: 28.

Complemento específico: 18.745,72 euros.

Subgrupo: A1/A2.

Corpo ou escala: XSF2 (xeral, escala superior de finanzas, especialidade intervención) / XMF2 (xeral, escala técnica de finanzas, especialidade contabilidade e intervención).

Tipo de adscrición: (AXG) adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia.

Centro directivo ou dependencia: Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación: Servizo do Equipo de Auditoría do Feder e do MRR.

Código do posto: FC.C03.00.004.15770.016.

Nivel: 28.

Complemento específico: 18.745,72 euros.

Subgrupo: A1/A2.

Corpo ou escala: XSF2 (xeral, escala superior de finanzas, especialidade intervención) / XMF2 (Xeral, escala técnica de finanzas, especialidade contabilidade e intervención).

Tipo de adscrición: (AXG) adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia.

Centro directivo ou dependencia: Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Localidade: Santiago de Compostela.

missing image file