DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Mércores, 12 de xuño de 2024 Páx. 35781

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 30 de maio de 2024 pola que se notifica a resolución do procedemento administrativo sancionador do expediente 12-19-24-02 e seis máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015 (BOE nº 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao denunciado cuxos datos persoais se mencionan no anexo, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a resolución do procedemento administrativo sancionador por infracción da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O órgano competente para a resolución do expediente é o director do ente público, de acordo coa tipificación e coa contía da sanción, e en virtude do disposto no artigo 144.1.a) da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o presidente do Consello de Administración, segundo o establecido no acordo de delegación de competencias do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, publicado pola Resolución do 29 de agosto de 2018, no DOG nº 177, do 17 de setembro. O prazo para interpoñer este recurso é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o devandito prazo, a resolución sancionadora devirá firme e executiva e o importe da sanción poderá facerse efectivo en período voluntario, dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE nº 302, do 18 de decembro), mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell, BBVA e Abanca), empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia.

De non efectuarse o ingreso no devandito prazo, procederase á súa exacción por vía executiva.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2024

Juan Sanmartín Ferreiro
Director xeral de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

DNI/CIF

denunciado

Feito denunciado

Data-hora-porto

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Importe
da sanción

Sanc. 12-19-24-02

Gardapeiraos

76364995G

Pesca prohibida.

20.12.2023; 12.55 horas; Malpica (A Coruña)

Artigo 131.v) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-19-24-05

4116-FDP

PAFIF

47389527M

Estacionamento prohibido.

10.1.2024; 11.23 horas; Malpica (A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 12-48-24-161

8459-HZS

Gardapeiraos

B70361902

Estacionamento prohibido.

7.2.2024; 8.46 horas; Ribeira (A Coruña)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90 €

Sanc. 13-27-24-57

3867-CHM

PAFIF

47389527M

Estacionamento prohibido.

16.12.2023; 18.45 horas; Panxón (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90

Sanc. 13-27-24-59

4834-GTK

PAFIF

36105879L

Estacionamento prohibido.

30.12.2023; 13.20 horas; Panxón (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90

Sanc. 13-27-24-75

6632-KSY

PAFIF

76997419C

Estacionamento prohibido.

7.1.2024; 12.45 horas; Panxón (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90

Sanc. 13-35-24-01

4884-JWT

Gardapeiraos

35292493M

Estacionamento prohibido.

18.10.2023; 11.40 horas; As Corvaceiras (Pontevedra)

Artigo 131.t) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG)

Artigo 137 da LPG

90