DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 11 de xuño de 2024 Páx. 35576

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 6 de febreiro de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Pontevedra co expediente DH.A36.88273, que supón a extinción da DH.A36.04948.

En cumprimento do previsto no artigo 109 e 163 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Eugenio Peón Reguera.

Expediente: DH.A36.88273.

Volume total anual: 94,00 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,003 l/s.

Destino: abastecemento.

Orixe: manancial na parcela 200 do polígono 406 do catastro de Pontevedra.

Lugar: Acevedo.

Parroquia: Ponte Sampaio.

Concello: Pontevedra.

Descrición:

A auga cáptase en arqueta aros formigón e condúcese a depósito na parcela 199 do polígono 406, desde onde se segue á vivenda na parcela 000405700NG38G0001IQ para abastecemento desta.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra), con cita previa no enderezo electrónico dgs.augas@xunta.gal

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 6 de febreiro de 2024

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial Galicia-Sur