DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 11 de xuño de 2024 Páx. 35579

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 6 de maio de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Rois (expediente DH.A15.69586).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: CC.UU. Augas Mulleres de Soutelo.

Expediente: DH.A15.69586.

Volume total anual: 788,4 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,47 l/s.

Destino: doméstico.

Orixe: x= 523502, y= 4735543 (fuso29 ETRS89).

Lugar: Soutelo.

Parroquia: Herbogo (San Pedro).

Concello: Rois.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación de augas dun manancial, situado na parcela 15075A086002540000XQ, mediante un pozo de aros de formigón prefabricado de 3 metros de profundidade e 1 metro de diámetro. Desde a captación, a auga lévase en tubo de polietileno de 63 mm e 69 m de lonxitude ata a caseta de distribución, situada na parcela 15075A086005930000XE, que contén o distribuidor e catro depósitos de poliéster e fibra de vidro, de 2.000 litros cada un. De cada depósito sae un tubo soterrado, de polietileno PE80 e 40 mm de diámetro, que atravesan parcelas particulares e camiños públicos durante 137 ml nun percorrido común ata o camiño de acceso ao lugar en que a canalización se bifurca en dous tramos. Dous tubos diríxense destino norte cara ás vivendas 1 e 2, e outros dous tubos, destino sur cara ás vivendas 3 e 4. O ramal norte discorrerá 112 bifurcándose definitivamente e percorrendo individualmente unha distancia de 47 ml ata as vivendas 1 e 2 nas parcelas 15075A086005880000XI e 15075B509002040000GK. O ramal sur continuará 93 ml ata escasos 5 e 3 metros das vivendas 3 e 4, respectivamente, nas parcelas 15075B509002070000GX e 15075A086002010000XR.

O proxecto pode consultarse na sección «Participación pública» do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña); para facilitar esta consulta, poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 39 60.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro