DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 11 de xuño de 2024 Páx. 35560

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 28 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, polo que se lles notifica a varios interesados a solicitude de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Sarria (expediente IN407A 2023/50-2).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas a resolución de autorización administrativa previa e de construción e se declara a utilidade pública do proxecto para a substitución e PES de interruptor telecontrolado en Sarria (Lugo), segundo se sinala no cadro anexo.

Lugo, 28 de maio de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO I

Substitución e PES de interruptor telecontrolado en Sarria (Lugo).

Concello: Sarria (Lugo).

Expediente: IN407A 2023-50-2.

Predio

Políg.

Parc.

Lugar

Cultivo

Propietario

Apoio número

Sup (m2)

1

15

545

Cruce Pozo

Monte baixo

Descoñecido

BXPEJ1MA//39B-3

2