DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 11 de xuño de 2024 Páx. 35522

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica nos concellos de Brión e Noia (expediente IN407A 2022/257-1).

Expediente: IN407A 2022/257-1.

Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Instalación: LAT 66 kV C1 Tambre 2-Negreira. Distancias antirregulamentarias entre AP 6 e AP 29.

Concellos: Brión e Noia.

Feitos:

1. O día 30 de agosto de 2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica, co fin de corrixir situacións non regulamentarias en diferentes treitos da liña de distribución de media tensión LAT 66 kV C1 Tambre 2-Negreira (expediente IN407A 2016/2948-1) en zonas dos concellos de Noia e Brión. Proxéctase a elevación dos vans en diferentes treitos, substituíndo uns apoios por outros de maior altura.

Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da liña, ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, e que abrangue os seguintes documentos:

• Proxecto de execución nomeado: LAT 66 kV C1 Tambre 2-Negreira. Distancias antirregulamentarias entre AP 6 e AP 29, asinado o 28 de novembro de 2021 por Ricardo Lago Alonso, enxeñeiro industrial con número colexial 2.221 de Galicia e con nº de visado 20213737, do 3 de decembro de 2021.

• Anexo nº 1: asinado con data do 21 de xullo de 2022 por Ricardo Lago Alonso, enxeñeiro industrial e número de colexiado 2.221 de Galicia.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo do 22 de marzo de 2023, publicado nos seguintes medios:

• Portal da transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

• DOG: 17 de abril de 2023, co número 73.

• BOP: 28 de marzo de 2023, co número 60.

• Xornal La Voz de Galicia: 14 de abril de 2023.

• Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificados municipais do secretario do Concello de Brión, do 7 de xuño de 2023, e da secretaria do Concello de Noia, do 22 de marzo de 2024.

3. Durante o período en que se someteu o proxecto ao trámite de información pública, Domingo Míguez Nimo presentou unha alegación o 28.4.2023. Desta alegación déuselle traslado á empresa promotora o 16.5.2023, a cal respondeu en defensa dos seus intereses o 24.5.2023.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte en que a instalación poida afectar bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Solicitóuselles o preceptivo informe aos concellos de Brión e Noia. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado establecido polo organismo afectado, a saber, o Concello de Brión.

5. O día 30.6.2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio), consonte a disposición adicional décimo segunda e a disposición transitoria primeira do Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 81, do 24 de abril).

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente atópanse nos concellos de Brión e Noia.

– Tramo AP 6-8 (Noia) de 315 m:

• LMTA a 66 kV de 315 metros, condutor tipo LA-180 Al (substitución do existente AL-AC 18,2), coa orixe no apoio nº 6 existente da LAT 66 kV C1 Tambre 2-Negreira (expediente IN407A 2016/2948-1) e remate no apoio nº 8 existente. Substitución do apoio nº 7 existente de formigón polo nº 7N metálico tipo O-1600-14,90-T-3,0/2,0-T proxectado localizado nas proximidades dentro do trazado da liña.

– Tramo AP 19-32 (Brión) de 2.046 m:

• LMTA a 66 kV, condutor tipo LA-180 Al (substitución do existente AL-AC 18,2), con orixe no apoio nº 19 existente da LAT 66 kV C1 Tambre 2-Negreira (expediente IN407A 2016/2948-1) e remate no apoio nº 25 existente. Substitución do apoio nº 20 existente de formigón polo nº 20N metálico tipo O-1600-14,90-T-3,0/2,0-T proxectado localizado nas proximidades dentro do trazado da liña.

• LMTA a 66 kV, condutor tipo LA-180 Al (substitución do existente AL-AC 18,2), con orixe no apoio nº 26 existente da LAT 66kV C1 Tambre 2-Negreira (expediente IN407A 2016/2948-1) e remate no apoio nº 29 existente. Substitución dos apoios nº 27 e 29 existentes de formigón por nº 27N e 28N metálicos tipo O-2900-12,60-T-3,0/2,0T e O-2900-14,90-T-3,0/2,0T, respectivamente, proxectados localizados nas proximidades dentro do trazado da liña.

4. Na vista de campo realizada para examinar o lugar da instalación non se apreciou ningunha das limitacións á constitución de servidumes de paso sinaladas nos artigos 161.1 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

5. Respecto da alegación formulada por Domingo Míguez Nimo (predio número 4), manifesta que:

– Non estar de acordo co número de persoas propietarias do dito predio na relación de bens e dereitos afectados polas instalacións eléctricas do proxecto de referencia. Achega documentación xustificativa do obxecto desta alegación: certificado catastral e certificación catastral descritiva e gráfica onde se recolle que os datos correspondentes á leira con referencia catastral: 15013A014000940000UO, polígono 14, parcela 94, denominada Pouso no concello de Brión, posúe a titularidade compartida entre María de los Ángeles Míguez Pedrades, Domingo Míguez Nimo, Manuel Míguez Nimo e herdeiras/os de José Aurelio Míguez Nimo, cunha porcentaxe no dereito de propiedade do 25 % para cada titular.

6. Á vista da alegación presentada por Domingo Míguez Nimo e a resposta dada por UFD Distribución Electricidad, S.A., aténdese a dita alegación corrixindo a titularidade do predio número 4 a favor de:

• María de los Ángeles Míguez Pedrades.

• Domingo Míguez Nimo.

• Manuel Míguez Nimo.

• Herdeiras/os de José Aurelio Míguez Nimo.

7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta dirección territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta dirección territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 16 de maio de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

LAT 66 kV C1 Tambre 2-Negreira. Distancias antirregulamentarias entre o apoio nº 6 e o apoio nº 29
Relación de bens e dereitos afectados-concello de Noia

Parcela proxecto

Persoa propietaria/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Herdeiras/os de Francisco Rial Coiradas

Polígono: 1, parcela: 89

Riba de Fonte Cornadas

Novo apoio 7N

4

Arboredo

LAT 66 kV C1 Tambre 2-Negreira. Distancias antirregulamentarias entre o apoio nº 6 e o apoio nº 29
Relación de bens e dereitos afectados-concello de Brión

Parcela proxecto

Persoa propietaria/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT, CT
e/ou apoios)

LMT aérea

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

2

Financiera Maderera, S.A.

Polígono: 14, parcela: 889

Chouza

Novo apoio 20N

4

Arboredo

3

Pilar Casal Lameiro

Polígono: 14, parcela: 101

Chouza da Pontela

Novo apoio 27N

3

Matogueira

4

María de los Ángeles Míguez Pedrades

Domingo Míguez Nimo

Manuel Míguez Nimo

Herdeiras/os de José Aurelio Míguez Nimo

15013A014000940000UO Polígono: 14, parcela 94

Pouso

Novo apoio 28N

4

Matogueira