DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 11 de xuño de 2024 Páx. 35471

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN de 7 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal pola que se dá publicidade á modificación da Resolución do 1 de setembro de 2023, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías 19, 32, 38 e 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia.

En virtude da Resolución do 1 de setembro de 2023 (DOG num. 167, do 4 de setembro) fixéronse públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso nas categorías 19, 32, 38 e 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro).

DISPOÑO:

Excluír as seguintes persoas no proceso selectivo para o ingreso na categoría 19 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia:

DNI

Apelidos e nome

Quenda

Motivo da exclusión

***2364**

Chavarri Arzamendi, María Pilar Lucía

Libre

43

***6049**

Fernández Suárez, Fernanda

Libre

43

***2439**

Ulloa Ballesteros, Irene del Valle

Libre

200

43

Desistencia da solicitude

200

Non cumpre o requisito da base I.2.1

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2024

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal