DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 11 de xuño de 2024 Páx. 35453

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ORDE do 27 de maio de 2024 pola que se declara a caducidade do procedemento para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, convocado mediante a Orde do 18 de agosto de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 162, do 28 de agosto).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Facenda e Administración Pública, mediante a Orde do 18 de agosto de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 162, do 28 de agosto), de conformidade co establecido na base sexta da referida orde, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Declarar a caducidade do procedemento para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, conforme a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 15.12.2021 DOG do 24 de decembro)
David Cabañó Fernández
Secretario xeral técnico e do Tesouro

ANEXO I

Denominación: subdirector/a xeral de Planificación.

Código do posto: FC.C04.00.005.15770.001.

Nivel: 30.

Complemento específico: 24.428,04 euros.

Subgrupo: A1.

Corpo ou escala: xeral/especial.

Tipo de adscrición: (A11) adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.

Formación específica: (640) para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I).

Centro directivo ou dependencia: Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos.

Localidade: Santiago de Compostela.