DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 11 de xuño de 2024 Páx. 35573

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 27 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 29 de abril de 2024 de autorización de cambio de actividade de forestal a agrícola de varias parcelas na parroquia de Maceda do concello de Palas de Rei (Lugo).

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, modificada pola Lei 9/2018, do 5 de decembro (BOE do 6 de decembro), faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.b) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Dirección Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 29 de abril de 2024, o cambio de actividade de forestal a agrícola da parcela 578 do polígono 73 e parcela 270 do polígono 72 no concello de Palas de Rei (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 11 de abril de 2024.

Lugo, 27 de maio de 2024

María Olga Iglesias Fontal
Directora territorial de Lugo