DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 10 de xuño de 2024 Páx. 35219

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 8 de maio de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Cabanas (A Coruña) (expediente DH.A15.80604).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Usuarios de Pena do Pico.

Expediente: DH.A15.80604.

Volume total anual: 930 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,36 l/s.

Orixe: manancial na parcela 15015A011001110000GS.

Destino: abastecemento da comunidade de usuarios.

Lugar: Pena do Pico.

Parroquia: San Martiño de Porto (San Martiño).

Concello: Cabanas (A Coruña).

Descrición do aproveitamento:

A auga cáptase dun manancial na parcela 11 do polígono 111 a través dunha galería e arqueta dende onde parte unha condución ata unha nave-almacén na parcela 7495408NJ6079S0000RY onde están os depósitos individuais e dende estes condúcese a auga ata as vivendas dos comuneiros.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 9º andar, 15008 A Coruña, para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 18 25 30.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 8 de maio de 2024

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona hidrográfica de Galicia Norte