DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 10 de xuño de 2024 Páx. 35167

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo 4158/2024, interposto contra a Orde do 7 de marzo de 2024 de aprobación definitiva da corrección de erros en memoria e planos do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Pontedeume (A Coruña), aprobado o 27 de maio de 2016.

Neste centro directivo recibiuse oficio da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 4158/2024, interposto contra a Orde do 7 de marzo de 2024 de aprobación definitiva da corrección de erros en memoria e planos do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Pontedeume (A Coruña), aprobado o 27 de maio de 2016, no que se solicita a remisión do expediente administrativo e o emprazamento dos interesados no expediente correspondente.

Para os efectos de cumprir o solicitado no oficio, a Dirección Xeral de Urbanismo acordou remitir o expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas nos procedementos, que son emprazadas para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2024

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Urbanismo