DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 10 de xuño de 2024 Páx. 35177

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 24 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador INC-PO-0016/2024-LSA.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro de 2015), logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícanse ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia dos actos notificados quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido integro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Dirección Territorial da Consellería do Medio Rural, sito na rúa Mª Victoria Moreno, nº 43, Edificio Administrativo, 2º andar (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen compareceren, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Pontevedra, 24 de maio de 2024

Antonio Crespo Iglesias
Director territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto de notificación

INC-PO-0016/2024-LSA

53112908C

Incoación expediente