DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 10 de xuño de 2024 Páx. 35169

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 23 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente do convenio do monte de Vilaldar, número de elenco 2717020, do concello de Friol (expediente SDC/27/2023).

Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto adoptouno a directora territorial.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do dito acto deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no Servizo de Montes da Dirección Territorial de Lugo, rolda da Muralla, nº 70, andar baixo 2º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 23 de maio de 2024

Olga Iglesias Fontal
Directora territorial de Lugo

ANEXO

Interesado/a

Acto que se notifica

33746554B

Acordo

33576707L

Acordo