DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 7 de xuño de 2024 Páx. 34831

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 14 de maio de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Brión (expediente DH.A15.01409).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Augas de Regantes de Bemil-Fonte Xoán.

Expediente: DH.A15.01409.

Volume total anual: 1.918,21 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,6 l/s.

Destino: doméstico e rega.

Orixe: x= 526615, y= 4741091 (fuso 29 ETRS89).

Lugar: Bemil (lugar Fonte Xoán).

Parroquia: Bastavales (San Xulián).

Concello: Brión.

Descrición do aproveitamento:

O aproveitamento consiste na captación de augas subterráneas, na parcela 15013A056008520000UF, mediante aneis de formigón de 1 m de diámetro e unha profundidade de 7 m, da que parte un tubo de polietileno de 63 mm de diámetro e lonxitude de 181 m, o cal atravesa distintas parcelas do lugar de Bemil e camiño público, ata o repartidor e os depósitos de 2.000 litros cada un, situados no punto de coordenadas UTM (fuso 29 ETRS89) x= 526786, y= 4741046. Deste punto sairán dous tubos de polietileno, de 32 mm de diámetro cada un, cara ás vivendas para abastecer nas parcelas 7112903NH2471S0001HB e 7011901NH2471S0001HB, desde onde se distribuirá a auga para a rega das parcelas 7011901NH2471S0001HB, 15013B503007100000MZ, 7112903NH2471S0001IB, 7112919NH2471S0001PB, 7112920NH2471S0001GB, 7112921NH2471S0001QB e 15013B503007040000MJ, coa instalación de billas para a rega mediante mangueira.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), para facilitar esta consulta poderá solicitar cita previa no teléfono 981 54 39 60.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2024

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro