DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 7 de xuño de 2024 Páx. 34878

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO polo que se fai pública a relación de convenios subscritos no primeiro cuadrimestre de 2024.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), faise pública a relación de convenios subscritos:

Título

Obxecto

Data de sinatura

Aportación económica da sociedade

Acordo específico para o desenvolvemento da actividade formativa na modalidade de formación profesional dual

Constitúe o obxecto do presente convenio o desenvolvemento da actividade formativa na modalidade de formación profesional dual Comercio internacional

29.2.2024

4.378,36 €

IVE incluído

Cerceda, 15 de maio de 2024

Javier Domínguez Lino
Presidente