Expediente: IN407A 2024/060-1.
Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: LMTA, CTI, RBT e RBT lugar Rego dos Podres.
Concello: Vimianzo.
1. Características técnicas:
Instalación dun novo centro de transformación de tipo Intemperie de 50 kVA 20.000/400 V, situado no lugar de Rego dos Podres (Vimianzo).
Para a súa alimentación entronca coa LMTA VIM802 e co condutor LA-110, no apoio HV-630-13 con matrícula 9DWO3UMD//D28-A23 onde se instala un seccionador de tipo XS. O centro de transformación instálase nun novo apoio de tipo C-2000-12. Entre os apoios o tendido forma un van de 18 metros reducido en condutor de tipo LA-56.
2. Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, se é o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.
A Coruña, 9 de maio de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
LMTA, CTI, RBT e RBT lugar Rego dos Podres.
Concello de Vimianzo.
Nº parcela |
Lugar e datos catastrais |
Cultivo |
Propietario/a |
Afección de solo en pleno dominio |
Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica |
||||
Apoio nº |
m2 |
ml aér. |
ml sot. |
m2 aér. |
m2 sot. |
||||
1 |
Prado de Arriba 15093A509000160000MX |
Rústico/agrario |
Manuel Caamaño Ogando |
Apoio/CTI |
2.0 |
18 |
148,74 |
||
2 |
Agra de Portela 15093A509000180000MJ |
Rústico/agrario |
Graciela Caamaño Liñares |
Voo |
18 |
16,21 |
Abreviacións:
ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais. |
ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais. |
m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2. |
m2 sot.: superficie de servidume soterrada. |