DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 7 de xuño de 2024 Páx. 34776

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 9 de maio de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Betanzos (expediente IN407A 2024/052-1).

Expediente: IN407A 2024/052-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LMTA BEG704, substitución de apoio AOHDUQOI//23.

Concello: Betanzos.

1. Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión aérea, a 15 kV, LA-110 mm² Al, coa orixe no apoio existente AOFP14ME//22 e final no apoio existente AOI6SOM1//24, cunha lonxitude de 80 m de condutor proxectado e 156 m para retensar, e substitución do apoio AOHDUQOI//23.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, se é o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 9 de maio de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Concello de Betanzos.

Nº de parcela

Lugar/referencia catastral

Cultivo

Propietarios

Afección de solo en pleno dominio

Apoio nº

m2

1

Río Cobo/15009A011008880000EG

Rústico. Agrario. Labor ou labradío secaño

María de las Mercedes San Adrián Otero

Luis Antonio José San Adrián Otero

María José San Adrián Otero

Ana Rodríguez San Adrián

María Rodríguez San Adrián

Belén Rodríguez San Adrián

Enrique Julio Rodríguez San Adrián

AOHDU QOI//23

2.0