DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 7 de xuño de 2024 Páx. 34765

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 3 de maio de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa da infraestrutura gasística de distribución denominada Proxecto de desprazamento da rede RMB-1508 en MOP 4 bar afectada polas obras de construción de edificio comercial na avenida Francisca Herrera, no concello de Oleiros (A Coruña), promovido por Nedgia Galicia, S.A. (expediente IN627A 2024/1-1).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionario: Nedgia Galicia, S. A., con CIF núm. A15383284, e con enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Obxecto da petición: o proxecto recolle a execución do desprazamento da rede RMB-1508 en MOP 4 bar (expediente IN627B 2003/13-1) afectada polas obras de construción dun edificio comercial na avenida Francisca Herrera, no concello de Oleiros.

E o desprazamento proxectado consiste:

• 556 m de condución de polietileno DN 200, en MOP 4 bar.

• 2 bypass provisionais de 7 m cada un en polietileno DN 63.

• 1 bypass provisional de 8 m en polietileno DN 63.

• Elementos auxiliares: 2 válvulas DN 200.

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións, no prazo de vinte (20) días a partir da data da última publicación deste anuncio.

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía desta dirección territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 as 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.enerxia.coruna@xunta.es ou nos teléfonos 981 18 49 70 e 18 49 38). Tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía e Industria: https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-gas

A Coruña, 3 de maio de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña